lunes, 10 de mayo de 2010

Un estudio en escarlata, Arthur Conan Doyle.


Este libro foi o que máis me gustou de todos os libros de Arthur Conan Doyle, porque foi o que mellor expresou as ideas que quería transmitir ao lector. Por exemplo cando chegou a casa onde se cometera o asasinato, o autor expresou moi ben como se sentía Watson naquel momento: "Eu vira como mataban aos meus compañeiros a coiteladas en Asia, pero nunca vira esa cara de espanto nun home na miña vida".

É moi interesante como Sherlock Holmes resolve o caso. Sempre mira máis ala da realidade. Recoméndovos este libro, porque seguro que vos vai entreter un bo cacho.